Padre Fontes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1940 (84 anos) Cambeses do Rio, Portugal (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
António Lourenço Fontes, máis coñecido por Padre Fontes, nado en Cambeses do Rio (Montalegre) o 22 de febreiro de 1940, é un cura católico portugués con implicación na comunidade social, cultural e literaria.
O Padre Fontes[1] é o principal impulsor do Congreso de Medicina Popular, en Vilar de Perdizes, e dos "Venres 13", data na que se celebran os congresos, en Montalegre[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]António Lourenço Fontes naceu en Cambeses do Rio, unha aldea do Barroso, no municipio de Montalegre próximo o Río Cávado, o 22 de febreiro de 1940. Ingresou no seminario en Vila Real, en 1950, rematou en 1962, e dese tempo di:
o Seminário ocupou quase toda a minha juventude, não se conta em duas palavras, foi demasiado tempo. E esse fica, deixa marcas vincadas como as negras batinas dos padres que por ali se moviam. Alguns poucos quase santos, outros, talvez a maior parte, mais que diabos.
Licenciouse en Historia na Facultade de Letras da Universidade do Porto en 1980.
Fundou e dirixiu o mensual Notícias de Barroso de 1971 a 2006. Exerceu as funcións de empregado, xefe de persoal nos Servizos Médicos Sociais de Vila Real (Montalegre), de 1973 ata 1990. Exerceu as funcións de Secretario do despacho da Presidencia na Câmara municipal de Montalegre desde 1990 a 2000, data na que se xubilou.
Foi párroco de Tourém, Pitões das Júnias e Covelães (1963-71). É párroco en Vilar de Perdizes, Meixide e Soutelinho da Raia desde 1971, e Mourilhe (2002-2005)
Dirixe no Centro Social Parroquial de Vilar de Perdizes, de que é fundador e presidente, o Xardín de Infância, agora centro de día, imparte cursos de formación en artesanía con la e con liño; tamén de plantas aromáticas, cursos de apicultura, de serigrafía e de artes decorativas. Deu centenares de conferencias por todo o país e no estranxeiro, en universidades, grupos culturais, escolas, goberno autónomo etc.
Colaborador da Radio Televisión Portuguesa (RTP), da Televisión Española (TVE) e da Televisión de Galicia (TVG). Participou en filmes como: Terra de Abril, Terra Fria, 5 dias e 5 noites, não cortes o cabelo que meu pai me penteou, Os demónios, documentários para a BBC, TV da Holanda e França, UNESCO, Odisseia...
Organizou varios congresos internacionais: Milenário de San Rosendo, Centenário de S. Bento; Camiño de Santiago; 19 de Medicina Popular, (desde o 83), 2 de relixiosidade popular (84-85) un de arquitectura popular (84). 17 encontros de cantores ao desafío e concertinas, polo Natal.
“ | Tenho duas grandes paixões: a terra que me viu nascer e dá sentido à vida, e Deus que me dá tempo e prazer de estar sempre de porta aberta a quem veja e espere de mim algo. | ” |
No ano 2000-2001 reconstruíu en Mourilhe unha casa do século XVIII, para transformala en hotel rural Señora dos Remedios e centro cultural de promoción e divulgación das terras e cultura Barrosã, onde acolle turistas, visitantes, doentes, estudantes e artistas.
No 2012, por iniciativa dos deputados electos polo distrito de Vila Real solicitóuselle ao Presidente da República Portuguesa que o Padre Fontes fose distinguido coa Orde do Mérito.
Congreso de Medicina Popular
[editar | editar a fonte]O Congreso de Medicina Popular de Vilar de Perdizes[3][4], no concello de Montalegre, celébrase desde 1983 e atrae a curandeiros, bruxos, videntes e botadores de cartas[5].
“ | A junção do sagrado e do profano protagonizado por um padre deu mais-valia e chamariz ao congresso. Foi como que a arte de sacralizar o profano e profanar o sagrado. | ” |
Venres 13
[editar | editar a fonte]Desde 2002 a Câmara de Montalegre organiza a "Noites das Bruxas", que decorren en todos os "Venres 13"[6], e forman parte integrante do calendario cultural da rexión.
Ecomuseo de Barroso - Espazo Padre Fontes
[editar | editar a fonte]O Ecomuseo de Barroso[7] é un espazo de memoria con visión para o desenvolvemento. A idea dun Ecomuseo[8] para a rexión de Barroso resulta da conciencia, mais tamén da preocupación de salvagardar un patrimonio, nas súas múltiples compoñentes: naturais, culturais e socioeconómicas. Coa finalidade de contribuír para o desenvolvemento das poboación, e abrazar o concepto de Museo do Territorio, no cal repousa a valorización do recurso como chave: poboación e patrimonio.
O Núcleo sede do Ecomuseo do Barroso está instalado no Castelo de Montalegre[9].
“ | Agradeço a todos os barrosões esta homenagem, votada em unanimidade pela Câmara Municipal de Montalegre e sua assembleia, ao criarem um meu grande sonho o eco museu de Barroso, com o nome espaço Padre Fontes. Ao personalizá-lo com um nome, quero devolvê-lo a todos os barrosões que toda a minha vida personifiquei, por todos os meios e me identifiquei ao mais profundo e sentido pormenor. Nascido e criado por cá fui bebendo e alimentando, e assumindo, encarnando a forma de ser, falar, viver e estar Barrosã. Depois de sentir que temos uma identidade própria, ancestral, comum aos barrosões, agarrei-a, com toda alma e força e senti necessidade urgente de a preservar, e divulgar usando os meios ao alcance. | ” |
Libros
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: Wikipedia:Libro de estilo#Títulos: Póñense en cursiva os títulos de cousas que teñen entidade propia. Así diferéncianse os títulos das novelas e series de televisión dos títulos de poemas e episodios, que irán entre aspas. En particular, van en cursiva os títulos de:
|
- Milenário de S. Rosendo 977-1977, en colaboración con Carvalho Moura. Edição da Câmara Municipal de Montalegre, 1978.
- Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca, a máxica fronteira galego-portuguesa, con José Rodríguez. Ir Indo. 2004. ISBN 84-7680-511-X
- Medicina Popular Barrosã. Ensaio de antropologia médica, con João Gomes Sanches. Editorial Notícias. 1995. ISBN 9789724607306
- Usos e Costumes de Barroso. Âncora editora. 2005. ISBN 972-780-153-6
- Ponte da Mizarela, ponte do diabo. Ilustrado por Alex Gozblau. Meiosdarte, Lda. Int.Comunicacao e Acessoria. 2006. ISBN 9789729919626
- Cancioneiro ancestral barrosão. Cancioneiro ancestral barrosão, con Altino Moreira Cardoso. Amadora-Sintra Editora. 2011.
- Etnografia Transmontana (volume I). Âncora editora. 2014. ISBN 978-972-780-438-2
- O comunitarismo de Barroso (volume II). Âncora editora. 2016. ISBN 978-972-780-565-5
- Património Luso-Galaico (volume III). Âncora editora. 2020. ISBN 978-972-780-732-1
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2009, a Asociación de Amigos do Couto Mixto nomeouno Xuíz Honorario[10].
- No ano 2010, foi recoñecido pola Asociación Arraianos como Arraiano Maior[11].
- En 2014 recibiu o premio Cumbres del Suído[12].
- No ano 2016, a Fundación Curros Enríquez entregoulle o premio Celanova Casa dos Poetas, na súa 32 edición[13].
- No ano 2023, recibe o título de embaixador do Alto Tâmega e Barroso[14][15].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BIOGRAFIA DO PADRE FONTES". PadreFontes.com. Arquivado dende o orixinal o 21-06-2016. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "Montalegre. “Misterioso Padre Fontes” celebrou 80 anos de vida". Samanário V. Arquivado dende o orixinal o 07-05-2021. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "Padre Fontes impulsiona Congresso de Vilar de Perdizes há 30 edições". Publico.pt. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "Vilar de Perdizes volta a acolher o oculto". Correio da Manhã. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "António Fontes, o padre-bruxo que não acredita em bruxarias". TSF.pt. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "O terço na mão e o diabo no coração: o diário secreto do Padre Fontes". Diário de Noticias. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "A “Alma Mater” do padre Fontes em exposição em Montalegre". Diário de Trás-os-Montes. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "Ecomuseu de Barroso – Espaço Padre Fontes". Visit Boticas. Arquivado dende o orixinal o 14-04-2021. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "Ecomuseu de Barroso - Espaço Padre Fontes". Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "O Couto Mixto aumenta a súa poboación". Vieiros. Consultado o 05-03-2021.
- ↑ "Unha aguillada para o Padre Fontes". La Región. Consultado o 05-03-2021.
- ↑ "Séptima entrega de los premios Cumbres del Suído". Faro de Vigo. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "El Padre Fontes, premio "Celanova, casa dos poetas"". elDiario.es. Consultado o 06-03-2021.
- ↑ "Padre António Fontes recebe título de embaixador do Alto Tâmega e Barroso". 16/03/2023. Consultado o 18/03/2023.
- ↑ "Padre Fontes | Embaixador do Alto Tâmega e Barroso 2023". 27/03/2023. Consultado o 18/06/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Padre Fontes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Padre Fontes". Arquivado dende o orixinal o 02-03-2021. Consultado o 05-03-2021.