Portal:Ópera
Artigo destacado
Wolfgang Amadeus Mozart compuxo 22 óperas en diferentes xéneros. As súas óperas van desde as obras a pequena escala –derivadas das que compuxo na súa xuventude– ás óperas de maior envergadura da súa madurez. Tres das obras foron abandonadas antes de rematar a súa composición e non foron representadas ata moitos anos despois da morte do compositor. Todas as súas óperas de madurez son consideradas obras clásicas e sempre formaron parte do repertorio dos teatros de ópera de todo o mundo.
Segundo o analista operístico David Cairns, Mozart tivo dende unha idade moi temperá "unha extraordinaria capacidade [...] para aproveitar e asimilar calquera estilo recentemente aparecido que fora máis útil para el». Nunha carta do compositor a seu pai o 7 de febreiro de 1778 escribiu: "Como sabes, podo adoptar ou imitar máis ou menos calquera clase e estilo de composición». Empregou o seu don para innovar, converténdose simultaneamente en "asimilador, perfeccionador e innovador". Imaxe destacada
Este mes
Categorías
Biografía destacada
Kathleen Mary Ferrier, CBE, nada en Blackburn (Inglaterra) o 22 de abril de 1912 e finada en Londres o 8 de outubro de 1953, foi unha contralto británica. Acadou reputación internacional como cantante escénica, de concerto, así como polas súas gravacións, cun repertorio que se estendía dende a canción tradicional e as baladas populares ata as obras clásicas de Bach, Brahms, Mahler e Elgar. A súa morte por cancro, no momento álxido da súa carreira, causou un forte impacto no mundo musical e especialmente no público, que non coñeceu a natureza da súa enfermidade ata despois da súa morte. Foi especialmente coñecida no Reino Unido pola súa gravación da canción tradicional de Northumbria Blow the Wind Southerly, que foi emitida frecuentemente na BBC Radio durante moitos anos despois da súa morte.
Filla dun mestre de escola dunha pequena vila de Lancashire, Ferrier amosou axiña talento como pianista e gañou numerosos concursos de piano a nivel afeccionado mentres traballaba como telefonista na General Post Office. Non comezou a adicarse en serio á canción ata 1937, cando despois de gañar un concurso de canto no Festival de Carlisle comezou a recibir ofertas para cantar profesionalmente. En 1942 a súa carreira colleu pulo logo de coñecer ao director Malcolm Sargent, quen a recomendou á influínte axencia de representación Ibbs and Tillett. Converteuse nunha intérprete habitual nas principais salas de Londres e das provincias, e realizou numerosas emisións radiofónicas coa BBC. Deuse a coñecer internacionalmente polas súas tres xiras polos Estados Unidos de América entre 1948 e 1950 e polas súas numerosas visitas á Europa continental. Cita destacada
Son destacado
Sabías que...
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|