O Perú é un país megadiverso con hábitats que abranguen as chairas áridas da rexión costeira do oeste, os cumios dos Andes que se estenden verticalmente de norte a sur do país e a selva tropical da conca do Amazonas polo leste. Con 1,28 millóns de km2, o Perú é o décimo noveno país meirande do mundo, e o terceiro de América do Sur.
O territorio peruano foi o lugar de orixe de diversas culturas antigas, como a civilización de Norte Chico comezou arredor do ano -3500, sendo a civilización máis antiga de América. Ademais e lugar de orixe dun dos cinco berces da civilización, o Imperio Inca, que foi o meirande estado da América precolombiana. O territorio que hoxe constitúe o estado do Perú ten unha das historias de civilizacións máis antigas do mundo, cuxo pasado se remonta ó milenio IV a.C.
Un caballito de totora é un tipo de embarcación construída dende mil a tres mil anos a. C. con talos e follas de totora (Scirpus californicus). Está deseñado para transportar a un navegante cos seus aparellos, durante as faenas de pescamariña no Perú e lacustre en Bolivia e o Perú.
O extremo anterior (proa) é aguzado e curvado cara arriba, sendo o posterior máis ancho. Conta normalmente cun longo de 4,5 a 5 metros; e un ancho de 0,6 a 1 m; o seu peso varía entre 47 e 50 kg e pode soportar 200 kg de carga útil.
Dende hai tres mil anos non variou o seu deseño. Xa o utilizaban na cultura moche, contra o ano 200, e aínda é usado por bolivianos e peruanos.
Machu Picchu (do quechua sureñoMachu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andinoinca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.
Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso. Ámbolos usos, o de palacio e o de santuario, non serían incompatibles. Algúns expertos parecen descartar, emporiso, un suposto carácter militar, polo que os populares cualificativos de "fortaleza" ou "cidadela" poderían ser superados.
Machu Picchu está considerada tamén coma unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría. As súas peculiares características arquitectónicas e paisaxísticas e o veo de misterio que teceu arredor seu gran parte da literatura publicada sobre o sitio, convertérono nun dos destinos turísticos máis populares do Planeta.
En 1961 volveu para Lima para desenvolver os cargos de director do Departamento Xurídico, director da Administración, director de Protocolo e director de Asuntos Políticos. En 1966 conseguiu que o nomeasen viceministro e Secretario Xeral de Relacións Exteriores, baixo a presidencia de Belaunde Terry.