Portal:Santiago de Compostela
Artigo destacado
O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS polas sús siglas) é unha institución cultural, constituída o 16 de febreiro de 1944 en Santiago de Compostela, especializada en estudos científicos sobre arqueoloxía e historia, nomeado en honor ó Padre Sarmiento. O IEGPS forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España.
Foi fundado en 1944, sendo o seu primeiro director Francisco Javier Sánchez Cantón, e dende aquela ten sido un centro de gran importancia para a investigación da cultura e o patrimonio galego. As súas investigaciones son difundidas a través da revista "Cuadernos de Estudios Gallegos", de periodicidade anual -unha das revistas científicas en humanidades máis antigas de Galicia-, e por medio das súas dúas coleccións de libros: "Estudios" e "Monografías". Entre as personalidades que formaron parte do IEGPS cómpre salientar a figuras como Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, ou Xesús Ferro Couselo, entre outros. Lugar de interese
A Cidade da Cultura de Galicia (CDC) é un complexo arquitectónico, cultural e de entretemento que está a ser construído na cidade de Santiago de Compostela. O complexo naceu co propósito de reconciliar a conservación patrimonial coa produción de coñecemento, investigación, creación e consumo cultura. Está comunicada ao centro da cidade coa liña 9 de autobús.
O proxecto de construción da Cidade da Cultura de Galicia naceu no ano 1999 cando a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para escoller o proxecto que rexería a súa construción no monte Gaiás. Unha vez avaliadas tódalas propostas, elixiuse como proxecto final o do grupo Eisenman Architects, atendendo, segundo o fallo do concurso, á súa singularidade tanto conceptual como plástica, e á súa excepcional sintonía co lugar. O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Inicialmente o proxecto ía constar de seis edificios: a Biblioteca de Galicia, o Arquivo de Galicia, o Museo de Galicia, o Edificio de Servizos Centrais, o Centro da Música e das Artes Escénicas e o Centro de arte internacional, se ben a construción destes dous últimos edificios foi suspendida. Imaxe destacada
Biografía destacada
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio galego como no estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés, o alemán, o ruso ou o xaponés. O 24 de febreiro de 2015, o Doodle Google estivo adicado a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proyectos irmáns
|